Logotipo2

Sobre nós

O Tempo
    Escolla localidade
————— ENLACES DE INTERESE —————

    Deputación Ourense

    Dirección Xeral de Tráfico

    Ministerio de Fomento

    Consumo e Emisións de Vehículos

         Teléfonos de interese

No ano 2012 unifícase o Parque Móbil e Parque de Maquinaria creándose unha nova Unidade e con dependencia directa de Presidencia. Nesta unidade intégrase todo o persoal con funcións de manexo de maquinaria e a totalidade da frota existente de vehículos e maquinaria.

Desde entón o Parque Móbil e de Maquinaria, no seu funcionamento interno, identifícase como unha unidade independente da diferentes Área pertencentes á Deputación, pero coa  función de prestación de servizos a todas elas e cara ao exterior a súa función é a prestación de servizos de cooperación cos concellos da provincia. 

Na actualidade o parque está formado por un total de 101 postos de traballo e unha frota de 256 unidades autopropulsadas. Estas unidades, en función do seu tipo e funcionalidade, clasifícanse en tres categorías: 

  • Vehículos lixeiros: son os destinados a funcións de transporte dos membros da Corporación a servizos oficiais, como traslado de persoal necesario para o funcionamento das diversas dependencias. 
  • Transporte e elevación: son os destinados a funcións de transporte e elevación de mercadoría, recollida residuos, equipos de vialidade invernal e transporte do persoal das brigadas.
  • Maquinaria: son os equipos que se empregan en movemento de terras, limpeza, roza e  agricultura.

Tamén forman parte do parque a maquinaria auxiliar de obra, os implementos para a constitución de equipos de traballo autopropulsados e as ferramentas de traballo a motor.

As instalacións están compostas por un local destinado a oficina para os servizos administrativos, sala, aseos e vestiario de persoal, zonas cubertas destinadas a aparcadoiro de vehículos, módulos para o persoal de brigadas, almacén de fundentes, unha nave equipada para as operacións de mantemento de equipos e dous almacéns para acopio de diverso tipo de material.