Logotipo2

O que facemos

O Tempo
    Escolla localidade
————— ENLACES DE INTERESE —————

    Deputación Ourense

    Dirección Xeral de Tráfico

    Ministerio de Fomento

    Consumo e Emisións de Vehículos

         Teléfonos de interese

OBXECTIVO

O obxectivo fundamental do Parque Móbil e de Maquinaria é garantir a plena operatividade dos medios dos que dispón, traballando en todo momento pola optimización dos medios e recursos dispoñibles. 

FUNCIÓNS

Entre as diferentes funcións que realiza o Parque Móbil e de Maquinaria figuran as seguintes: a xestión; o control e coordinación dos recursos os cales ten asignados; atender as solicitudes realizadas polas diferentes áreas da Deputación para o desenvolvemento das súas competencias e prestación de servizos aos concellos da provincia que así o soliciten.

Xestión 

  • Xestión e compra dos consumibles necesarios.
  • Xestión e control da totalidade do combustible utilizado pola frota.
  • Xestión de talleres externos e responsabilidade do mantemento das instalacións que correspondan aos parques.
  • Xestión e control de mantementos regulares e correctivos en taller interno.
  • Xestión de adquisición de pneumáticos e control do uso destes.
  • Xestión  das inspeccións periódicas  relacionadas coa frota.
  • Implantación e actualización de tarifas relacionadas co gasto por uso dos equipos.
  • Informes ás diferentes Áreas dos custos ocasionados pola operatividade dos equipos empregados.
  • Altas e baixas de unidades que compoñen a frota, en función das necesidades e adaptándose a criterios de economía e eficiencia.
  • Colaboración coa Sección de Xestión Patrimonial da Deputación, en canto á baixa e alleamento de vehículos.

Control

  • Control, seguimento e dixitalización de datos de ordes de traballo realizadas, dos partes de traballo diarios dos chóferes e maquinistas, dos albaráns de entrada de materiais e das facturas de provedores realizando un rexistro das mesmas.
  • Control e seguimento do uso das unidades que compoñen a frota de vehículos e maquinaria pertencentes a Deputación de Ourense.
  • Control de consumos de carburantes de todos os equipos da Deputación. 
  • Realización de informes de actividades levadas a cabo polos usuarios dos vehículos e correspondentes ao uso destes e cando estes son solicitados polas diferentes Áreas.
  • Control do estado de conservación, mantementos e outras operacións periódicas asociadas á frota.
  • Control do estado de conservación e uso da maquinaria auxiliar de obra e ferramentas de traballo a motor.
  • En colaboración co Gabinete de Prevención de Riscos Laborais, control e distribución de vestiario do persoal pertencente ás Áreas de infraestruturas e Medio Ambiente, EPI´s e extintores. 
  • En colaboración co Servizo de Vías e Obras, control e seguimento de consumo e necesidade de fundentes en tempada invernal.

Coordinación

  • Coordinación coas Áreas pertencentes á Deputación en materia de necesidades solicitadas ao parque.
  • Coordinar as solicitudes recibidas, a posibilidade e as oportunidades do transporte combinado de traballadores ou mercadorías.
  • Coordinar a distribución de maquinaria, equipos auxiliares e ferramentas de traballo a motor.
  • Coordinar en colaboración con taller propio para a realización dos mantementos regulares. 
  • Coordinación e asesoramento coas Áreas nas propostas de necesidade de adquisición de novas unidades. 
  • Orientar e asesorar ás Áreas da Deputación e concellos da provincia cando estes o soliciten, para a resolución de calquera tipo de problema técnico que afecte a vehículos ou maquinaria.
  • Colaboración co Servizo de Vías e Obras en todo o relacionado coas campañas de Vialidade Invernal.
  • Coordinación co Parque Bombeiros do Polígono San Cibrao das Viñas.